Benvidos a Albaro Languages, que se especializa na tradución, interpretación e o ensino do albanés, o romanés, o euskara e o catalán.

 

 

Benvidos a ALBARO!

 

ALBARO (unha palabra que ten o dobre significado dunha palabra inventada castelá e as dúas primeiras letras en inglés das linguas principais nas que me especializo: ALbanian, BAsque e ROmanian) concretamente é Chris Hughes, un lingüista con vinte anos de experiencia e o inglés coma lingua materna. Especialízome na tradución e a interpretación do albanés, o euskara, o romanés, o catalán (incluso o valenciano) e o castelán, e só a tradución escrita do holandés, o portugués, o galego, o africaans e o esperanto. Tamén dou clases de linguas estranxeiras a lingüistas profesionais.

 

Os temas principais nos que me especializo son: publicidade/relacións públicas, goberno/política, xornalismo, a lei/certificados, medicina xeral, comercio xeral e lingüística, pero se vostede ten outra petición nunha das miñas linguas, discutireina con vostede con moito gusto para establecer se podo axudalo. Entre os proxectos que xa realizei recentemente son: a transcrición e a tradución dunhas entrevistas televisivas en euskara, a tradución do romanés ó inglés de comunicados de prensa para unha empresa internacional de seguros, a tradución dun cuestionario médico albanés sobre condicións respiratorias, traducións do catalán ó inglés dunha variedade de documentos xudiciais, a tradución do euskara ó inglés de discursos e presentacions e a tradución do albanés ó inglés de proxectos de lei para o Consello de Europa, e a interpretación consecutiva do albanés para a policía.

 

Outorgáronme o premio MBE en xuño de 2006 para servizos realizados en prol de linguas estranxeiras para o goberno británico e son membro do Chartered Institute of Linguists (CIoL).

 

Espero que atope o que procure nas páxinas de Albaro!

 

 

Chris Hughes MBE, M.A., MCIL



Mirë se erdhët! Bine aţi venit!

 

Ongi etorri! Benvinguts! Benvidos!